Publicacións

Un día de folga

Imaxe
Hai días que son especialmente produtivos. O pasado xoves, día 16 de novembro, díade folga no ensino foi un deses días. Javier, Alejandro, Pedro e Iván estiveron traballando case toda a mañá na horta. Tamén se uniron con entusiasmo Sofía e Araiz. O resultado pódese apreciar nas fotos de Javi.  O traballo fundamental foi limpar a zona onde estiveron plantadas as cabazas e recoller as poucas que quedaban. Preparativos Despois, queriamos delimitar as zonas de cultivo. Para iso decidimos empregar os palés que trouxeramos o curso pasado, Desmontamos varios e coa madeira fixemos marcos. Por último, plantamos coliflor e regamos a coliflor, a rúcula, as nabizas... e os pementos, que aínda quedan.

Charla sobre compostaxe

O pasado luns, 13 de novembro, veu ao IES Pedro Floriani o técnico de medio ambiente do concello de Redondela para darnos unha charla sobre compostaxe. Falou para o alumnado de 1º de ESO. A continuación o alumnado de 2º ESO B axudoulle a montar o noso composteiro escolar.

Visita á horta de Servizos Administrativos

Plantación de nabizas e de Lavanda Onte na última sesión da mañá, fomos á horta coa nosa titora Nuria e o profesor Emilio a plantar nabizas e lavanda, e a regar as colleitas que xa estaban plantadas. Primeiro ensinounos Emilio as plantacións dos outros cursos e logo fomos á parte esquerda da horta. Onde hai unha pequeniña con diversas plantas. Aquí plantamos a lavanda. Na horta grande plantamos as nabizas. Emilio botounos unhas poucas sementes de nabizas na man a cada un e esparexémolas polo terreo, despois angazamos a terra. Por último, regamos. Estaba un pouco seca de máis, pero é entendible, xa que o tempo non estivo nada húmido nestes meses. Usos da lavanda: A lavanda utilízase en infusión para as xaquecas, pode axudarche a aliviar o insomnio. Resulta apropiada como dixestivo, axuda a aliviar o estrés, e tamén é boa para as mordeduras de insectos, queimaduras solares, dores musculares e para os piollos. Tamén se utiliza como ambientador, repelente de couza

Plantamos nabizas

Imaxe
Onte, na hora de Hábitos Saudables, vistamos a horta por primeira vez coa profe Cristina e con Rosa. Plantamos nabizas, debido a que están de temporada. Tiñamos que plantar nese día porque era cuarto minguante 1 . A horta sitúase tras o ximnasio. Había varias zonas xa planadas por outros cursos e un invernadoiro feito polos nenos e nenas de segundo, que cando o fixeron estaban en primeiro, a base de botellas de plástico. Deixárono sen terminar e, seguramente, rematarémolos nós. Había dúas zonas limpas coa terra seca. Unha pertencíanos a nós e a outra a Primeiro B. Dividíronnos en dous grupos. O grupo A tomou un puñado de terra e a profe Cristina botounos sementes de nabiza coa terra. Con isto fixemos unha mestura para esparexer as semente; fómolo facendo un por un. Acto seguido o grupo B angazou a terra e foi buscar auga coas regadeiras. Ao regar algún case afoga as plantas! En xeral, foi unha boa experiencia. María Faro O día 10 de outubro fomos por

Fotos da sementeira de 1º ESO B

Imaxe

Fotos da sementeira de 1º ESO A

Imaxe

Sementar nabizas

Acción 1º. Sementeira. Ambientación: Que imos facer? Para que sementamos? Que relación vai ter coa materia curricular (neste caso Promoción de Hábitos de Vida Saudables e Lingua galega e Literatura). Situación no terreo: lugar da plantación, proxecto do invernadoiro. Preparación do terreo (angazar e picar). Sementar “a boleo” . Volver picar. Regar. 1º ESO A Día 10 de outubro. Horario: 09.50-10.40 horas. 1º ESO B Día 11 de outubro. Horario.12.50-13.40 horas.